1246 [= Tav 64,8]
Como cuidades, amig’, a fazer

– Como cuidades, amig’, a fazer
das grandes juras que vos vi jurar
de nunca voss’amigo perdoar?
Ca vos direi de qual guisa o vi:
que, sen vosso ben, creede per mí
que lhi non pode ren morte tolher.
– Tod’ess’, amiga, ben pode seer,
mais punharei eu ja de me vingar
do que m’el fez (e, se vos én pesar,
que non façades ao voss’assi),
ca ben vistes quanto lhi defendi
que se non foss’, e non me quis creer.
– Par Deus, amiga, vinga tan sen sén
nunca vós faredes, se Deus quiser,
a meu poder, nen vos era mester
de a fazer, ca vedes quant’i á:
se voss’amigo morrer, morrerá
por ben que fez e non por outra ren.
– Amiga, non poss’eu teer por ben
o que m’el faz, e a quen o tever
por ben tal aja daquel que ben quer,
mas sen morte nunca lhi mal verra:
per bõa fe, que mi non prazera,
pero d’el morrer non mi praza én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1230, V 835

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 401-402); Zilli (1977: 121 [= LPGP 414-415]); Cohen (2003: 465); Littera (2016: I, 483-484).

II. Antoloxías: Monaci (1875: 287-288); Braga (1878: 157-158); Machado & Machado (1956: V, 343-344); González (2015a: 151).

Variantes manuscritas


2 juras] uiras V   5 creede] cre\e/de V   8 mais] (N)Mays B   9 fez] foz V   10 façades] facades B : fazades V   11 ben] bō B   16 fazer] fez̄ V; quant’i] quãti B   17 morrer, morrerá] moirer moirera B   20 faz e] faza V   21 por] Pº B   22 verra] ueira B   23 bõa] boa B; prazera] praza en BV   24 morrer] moirer B; praza én] praz’a B : praç̃a V

Variantes editoriais


1 cuidades, amig’, a fazer] cuidades, amiga, fazer Nunes, Zilli, Cohen, Littera   2 vos] vus Zilli   3 nunca] nunc’a Nunes   4 vos] vus Zilli   9 vos] vus Zilli   15 vos] vus Zilli   20 quen] que Nunes, Zilli, Cohen; quen o tever] que mo tever Littera   22 mas ... morte] ma[i]s ... mort’, e Nunes : ma[i]s .... mort’e Zilli   23 bõa] boa Zilli   24 non mi praza] mi prazerá Nunes, Zilli : nom mi praz’há Littera

Paráfrase


(I) –Como pensades, amiga, facer cos grandes xuramentos que vos vin pronunciar de que nunca perdoariades o voso amigo? E direivos de que modo o vin: que, sen o voso ben, crédeo por min, nada o pode librar da morte. 
(II) –Todo iso, amiga, ben pode ser, mais insistirei en me vingar do que me el fixo (e, se vos pesa iso, non lle fagades ao voso así), xa que ben vistes canto lle prohibín que se fose, e non me quixo crer. 
(III) –Por Deus, amiga, vinganza tan sen sentido nunca a faredes vós, se Deus quixer e se o podo evitar, nin vos era necesario facela, pois vedes o que aí acontece: se o voso amigo morrer, morrerá polo ben que fixo e non por outra cousa. 
(IV) –Amiga, non podo considerar ben o que me el fai, e quen o teña por ben tal haxa daquel que ama, mais sen morte nunca lle virá mal: abofé, (digo) que non me ha pracer, e que a súa morte por iso non me praza.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= Tav 189:6)

Notas


Texto
  • 1

    Consideramos a existencia, a diferenza dos precedentes editores, da preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo (cuidades, amig’, a fazer), construción maioritaria na lingua trobadoresca. En calquera caso, a interlocutora é a amiga.

  • 3

    É errada a segmentación que Nunes realizou na súa edición (*nunc’a voss’amigo perdoar), considerando a existencia da preposición a para introducir o CD de perdoar que Nunes realizou na súa edición (*nunc’a voss’amigo perdoar).

  • 13

    En face de vingança, a voz vinga é derivado regresivo de vingar, que só volve aparecer noutra ocasión no corpus profano (1607.12), sen que se rexistre na restante produción medieval.

  • 22

    De novo se rexistra a variante reducida mas da adversativa, forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.41046.10, 1201.101225.4, 1245.6, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

  • 23-24

    No proceso de copia, foi trocada a posición da secuencia final destes versos, con inversión do(s) elemento(s) rimante(s):

                B:                                                       V:

                <Per boa fe q̄mi nõ praza en   <per bõa fe quemi nõ praza en

                Pero del morrer nõ mi praz’a>   ꝑo del morrer nõ mi praç̃a>

  • 24

    Carece de sentido e de xustificación a segmentación praz’á de Littera.

Procurar
    Não foram encontrados resultados