I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 363-364 [= LPGP 578]); Reali (1964: 40-41); Cohen (2003: 407); Littera (2016: II, 37-38).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 268); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 269-270).
1 Buscastes] Buscades V 3 perçades] percades B : perzades V 4 dized’ora] dissedora B 9 juredes] uiredes V 11 no] nō B 13 dissestes] dizestes B 15 acoomiar] a coor̄ ar V
2 vos] vus Reali 5 vos] vus Reali 7 vos] vus Reali 8 vos] vus Reali 11 vos] vus Reali 13 vos] vus Reali 14 vos] vus Reali 15 fals’, acoomiar-xi-vos-á] falsa coor ar xi vos á Nunes : falsa coor ar xi vus á Reali 17 vos] vus Reali
(I) Buscástesme, ai amigo, moito mal alí cando vos gabastes de min, e rogo a Deus que me perdades por iso; e dicídeme agora, falso, desleal: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?
(II) E non vos presta, falso, negarmo, nin mo neguedes, que de nada vos vale, nin xuredes, pois sempre adoita o falso xurar moito, e dicídeme sen xurar: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?
(III) O que dixestes, se eu vos vise de novo coitado por min como xa vos vin, vede, falso, volverase contra vós; mais dicide agora, sen mentir en nada: se vos eu fixen no mundo algún pracer, que coita tivestes para o dicir?
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:156)
Encontros vocálicos: 6 coita‿ouvestes; 7 mi͜-o; 8 mi͜-o; 12 coita‿ouvestes; 15 a·co·o·mi͜ar; 18 coita‿ouvestes
A forma de pretérito enviada por B (buscastes) semella máis acaída que o presente de V (buscades).
Reali propón a inédita sinalefa de‿o (só en 232.16) en vez da de coyta‿ouvestes, que permite, ademais, o acento na 4ª sílaba.
Neste verso aparece a única documentación que rexistramos nas cantigas para acoomiar ‘vingarse, castigar’, forma procedente do lat. ad-calumniāre. Con todo, esta variante (cfr. tamén acoomiadas en 148.8) é minoritaria verbo de coomiar na produción medieval (véxase CGPA, s.v.).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: