1171 [= Tav 83,1]
Bailemos agora, por Deus, ai velidas

Bailemos agora, por Deus, ai velidas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verra bailar.
Bailemos agora, por Deus, ai louvadas,
so aquestas avelaneiras granadas,
e quen for loada come nós, loadas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras granadas
verra bailar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1158bis, V 761

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 353-354); Cunha (1999 [1949]: 249 [= LPGP 571]); Cohen (2003: 395); Littera (2016: II, 29).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263-264); Braga (1878: 144); Bell (1920: 62); Machado & Machado (1956: V, 250); Alvar (1969: 82-83); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 191).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 31-32); De las Casas (1928: 45); Cidade (1941: 13-14); Seoane (1941: 84-85); Fernández Pousa (1951: 73); Varela Jácome (1953: 58); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 131); Nunes (1959: 365); Landeira Yrago (1975: 293); Torres (1977: 349); Beltrán (1987: 69); Dobarro Paz et alii (1987: 95); Jensen (1992: 190); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 139); Diogo (1998: 249); Arias Freixedo (2003: 568); Fidalgo (2009: 108); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 36); Souto Cabo (2017: 152).

Variantes manuscritas


1 Bailemos] Baylemus V   2 so aquestas] Daq̅stas B : daq̅stas V   3 for] for̄ B : fior V; velidas] relidas V   5 aquestas] aqistas B; frolidas] granadas V   6 verra] Veira B   7 Bailemos] Baylemus V; por] poi BV   9 nós] vꝯ B : nꝯ V   11 so] se V   12 verra] Veira B

Variantes editoriais


3 como] come Cohen   4 se amigo amar] s’amig’amar Cunha   7 louvadas] loadas Nunes, Cunha, Cohen, Littera   9 come] como Nunes, Cunha, Littera   10 se amigo amar] s’amig’amar Cunha

Paráfrase


(I) Bailemos agora, por Deus, ai belidas, debaixo destas abeleiras floridas, e quen for belida coma nós, belidas, se amigo amar, debaixo destas abeleiras floridas virá bailar.
(II) Bailemos agora, por Deus, ai louvadas, debaixo destas abeleiras floridas, e quen for louvada coma nós, louvadas, se amigo amar, debaixo destas abeleiras floreadas virá bailar.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 11’a 11’a 11’a 6B 11’a 4B

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de amigo foi reelaborada por Airas Nunez (cantiga 870), que acrecentou unha terceira estrofa máis afastada da composición inicial:
              Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
              so aquestas avelaneiras frolidas,
              e quen for velida como nós, velidas,
              se amigo amar,
              so aquestas avelaneiras frolidas
              verra bailar.


              Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
              so aqueste ramo destas avelanas,
              e quen for louçana como nós, louçanas,
              se amigo amar,
              so aqueste ramo destas avelanas
              verra bailar.

     

              Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos,
              so aqueste ramo frolido bailemos,
              e quen ben parecer como nós parecemos,
              se amigo amar,
              so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
              verra bailar.

  • 1

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Baylemus>, vv. 1, 7); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 2

    A repetida voz avelaneiras (vv. 2, 5, 8, 11) mostra a conservación de -n- intervocálico, a que hai que sumar granadas (v. 8), voces que forman conxunto con amena, arena, avelana(l), fontana, Granada, irmana, louçana etc. como decoración arcaizante propia da cantiga de amigo (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 3

    Os diversos editores emendaron a forma como (v. 3, Cohen) ou come (v. 9, Nunes e Cunha e mais Littera), contra a xeral variación que se rexistra no corpus, onde conviven as dúas variantes desta conxunción modal-comparativa.

  • 4

    Celso Cunha na súa edición crítica nivelou, contra o testemuño dos códices, este verso do refrán para o igualar metricamente co v. 6; de calquera xeito, a crase da conxunción condicional se non se rexistra no corpus e nin sequera estabelece sinalefa coas voces seguintes (véxase Ferreiro 2013b).

  • 7

    Igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), loar (< laudāre) é a solución xeral (véxase nota a 496.17) no corpus trobadoresca, e así o demostra a forma loadas do v. 9, que todos os editores estenderon tamén para o v. 7, onde emendaron louvadas. Porén, esta evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior epéntese consonántica (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1) atéstase en diversas pasaxes do corpus das cantigas profanas, neste caso en coexistencia no seo da mesma composición. Véxase tamén 618.10, 706.1, 1372.5, 1506.2, 1520.6.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado