I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 449-450 [= LPGP 433-434]); Cohen (2003: 526); Littera (2016: I, 502-503).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 167-168); Machado & Machado (1958: VI, 14-15); García (2001: 55); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 167-168).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 311-312); Álvarez Blázquez (1975: 148).
1 quer’eu] q̅rēu B 2 verra] ueira B 6 pois] poy V 12 verria] ueiria B 17 logar] log̃r V
En Nunes os versos do corpo da estrofa divídense en heptasílabos.
11 m’el mandad[o] envia] m’el<e> mandad’envia Cohen : m’el [seu] mandad’envia Littera
(I) Quero esperar as novas que me enviou o meu amigo, que virá en romaría a Faro e que se verá comigo, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña.
(II) Quero esperalo, madre, porque me enviou noticias, que o recadeiro me dixo que está moi triste por min, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña.
(III) Quero esperalo, madre, pois mandoume dicir que viría para verse comigo no Faro, en Santa María, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña.
(IV) Que el non veña onda min axiña non o considero de maneira ningunha, nin tampouco que poida vivir en lugar onde non me vexa, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña.
Esquema métrico: 4 x 15’a 15’a 7’B 7’B 7’B (= Tav 42:1)
Encontros vocálicos: 1 en·vi·ou; 6 en·vi·ou; 12 migo‿en
Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada (véxase tamén o v. 10).
É o paralelismo rítmico deste verso cos seus correspondentes o que aconsella a reintegración da vogal final de mandado (ou [seu] mandad’envia, de Littera) antes do que a forma pronominal el[e] (Cohen).