I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 115-116 [= LPGP 272-273]); Cohen (2003: 179); Littera (2016: I, 289-290).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 119); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 369).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 30); Nunes (1959: 297-298); Torres (1977: 415); Gutiérrez (2023: 89).
14 én] eu V 16 mui] mnj B
En Nunes os vv. 1 e 3 de cada estrofa non forman parte do refrán, sen considerar o seu carácter intercalar.
1 triste] [mui] triste [o] Nunes : triste [o] Cohen, Littera 3 comigo] migo Cohen 5 triste o] [mui] triste o Nunes 6 migo] [co]migo Nunes 7 trist’o] [mui] trist[e] o Nunes : trist[e] o Cohen, Littera 9 comigo] migo Cohen 11 trist’o] [mui] trist[e] Nunes : trist[e] o Cohen : triste o Littera 12 migo] comigo Nunes 13 trist’o] [mui] trist[e] o Nunes : trist[e] o Cohen, Littera 15 comigo] migo Cohen 17 trist’o] [mui] trist[e] Nunes : trist[e] o Cohen : triste o Littera 18 migo] comigo Nunes
(I) Anda triste o meu amigo, miña nai, e tenme un gran rancor porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e ten moita razón en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.
(II) Anda triste o meu amigo, miña nai, e temo que morra porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e non fai un desatino en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.
(III) Anda triste o meu amigo, miña nai, e anda por iso coitado porque non pode falar comigo e non por outra cousa, e fai moi ben en andar triste o meu amigo porque non pode falar comigo.
Esquema métrico: 3 x 7’A 9’b 9’A 9’b 7’A 8’A (cfr. RM 58:4)
Encontros vocálicos: 5 triste‿o
Tal como os manuscritos transmitiron o texto da composición de Estevan Reimondo, a métrica da cantiga leva para un esquema 7’A 9’A 7’A 8’A no refrán a partir da variación existente nos vv. 1 e 3 do refrán: a) no primeiro verso, o texto Anda triste meu amigo (v. 1) - Anda trist’o meu amigo (vv. 7, 13) implica unha variatio coa presenza/ausencia do artigo (cfr. nota a 39.17); b) no terceiro verso do refrán, a secuencia d’andar triste o meu amigo (v. 5) - d’andar trist’o meu amigo (vv. 11, 17) revela unha variación sinalefa / crase tamén presente en numerosos refráns (cfr. nota a 75.17). Cfr. nota a 27.4. Así pois, a partir do texto dos cancioneiros, da real existencia de variación no refrán e, tamén, do feito de que a mesma combinación métrica se rexistre no refrán da cantiga 1044, evitamos as reintegracións e propomos o texto de BV sen emendas de ningún tipo.
As edicións de Nunes e de Cohen tentan nivelar metricamente a cantiga, por procedementos diferentes, por medio de diversas reintegracións, alleas, en calquera caso, á lección dos manuscritos, que semella confirmar un refrán intercalar anisosilábico (con versos graves de 7, 8 e 9 sílabas métricas) en combinación con dous versos eneasilábicos en cada estrofa.
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :