557 [= RM 25,14]
Amor, en que grave dia vos vi

Amor, en que grave dia vos vi,
pois que, tan muit’á, [a] que eu servi
ja máis nunca se quis doer de ;
e, pois me tod’este mal per vós ven,
mia senhor aja ben, pois ést’assi,
e vós ajades mal e nunca ben.
En grave dia que vos vi, Amor,
pois a de que sempre foi servidor
me fez e faz cada dia peior;
e, pois ei por vós tal coita mortal,
faça Deus sempre ben a mia senhor,
e vós, Amor, ajades todo mal.
Pois da máis fremosa de quantas son
[ja máis] non pud’aver se coita non,
e per vós viv’eu en tal perdiçon
que nunca dormen estes olhos meus,
mia senhor aja ben per tal razon,
e vós, Amor, ajades mal de Deus.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 540, V 143

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 55 [= LPGP 182]); Nunes (1972 [1932]: 178-179); Eirín García (2015: 228); Littera (2016: I, 202-203).
II. Outras edicións: Moura (1847: 95-96); Monaci (1875: 59-60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 139-140); Júdice (1997: 136); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


2 eu] ē B   7 vi] ni B   9 e] et V   14 pud’aver] podauer B   17 mia] Ma B   18 ajades] aiade (d) V

Variantes éditoriales


2 pois [a] que tam muit’ a que eu servi Lang : poys [a] que tan muyt’ á que eu servi Nunes, Eirín García : pois [a] que tam muit'há que eu servi Littera   4 per] por Lang   15 per] por Lang, Littera   17 per] por Lang, Littera

Paraphrase


(I) Amor, en que mal día vos vin, xa que, hai tanto tempo, a que eu servín nunca xamais se quixo apiadar de min; e xa que todo este mal me vén por causa de vós, ben haxa a miña señora, pois así é, e vós mal haxades e nunca ben.

(II) En que grave día vos vin, Amor, pois aquela de quen sempre fun servidor me fixo e fai cada día peor; e, pois teño por vosa culpa unha coita mortal, faga Deus sempre ben á miña señora e vós Amor, haxades todo o mal.

(III) Pois da máis fermosa de cantas existen xamais puiden recibir nada agás coita, e por vós vivo eu en tal estado de perdición que nunca dormen estes meus ollos, haxa ben a miña señora por esa razón e vós, Amor, haxades mal de Deus.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:10)

Notes


Texte
  • 2

    Do punto de vista paleográfico, a contigüidade favorece a ausencia de <a> após a forma verbal á (nótese, ademais, a frecuencia da expresión tan muit’á no corpus), transparecendo desde xeito un texto factíbel e parcialmente diferente do proposto nas anteriores edicións.

  • 8

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 14

    A reintegración de ja máis para resolver a lacuna textual vén condicionada, para alén da frecuente presenza da secuencia ja máis non no corpus, polo v. 3 (ja máis nunca se quis doer de mí).

  • 17

    En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3506.13 e 21554.10556.9557.17604.r2605.4 e 10609.1625.1636.1794.9859.3887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8970.12992.31000.161002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 71457.31459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.11469.21470b.61483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5632.1634.13645.9690.11363.r2 na estrofa II).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter