I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 70 [= LPGP 178]); Nunes (1973 [1928]: 11-12); Cohen (2003: 593); Littera (2016: I, 215-216).
II. Outras edicións: Moura (1847: 128-129); Monaci (1875: 66); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 174); Cohen (1987: 34); Júdice (1997: 28); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Norton (1935: 48).
2 mi] a mi B : ami V 4 vir dos] uēdꝯs B : uindꝯ V 5 possa aquel] possa quel V 7 Deus ende] des enđ V
2 mi] a mi Lang, Nunes, Littera : |a| mi Cohen 5 possa aquel] poss’aquel Lang, Nunes 9 per] por Lang; min] mi Lang, Nunes 11 possa aquel] poss’aquel Lang, Nunes
(I) Amiga, sexan dadas grazas a Deus, porque o meu amigo me vai vir; mais moi ben podedes crer, cando o vexa cos meus propios ollos, que poida aquel día ver que nunca vin un maior pracer.
(II) Teña Deus por iso a miña gratitude, porque o fai vir aquí; mais podedes crer por min, cando eu vir o namorado, que poida aquel día ver que nunca vin un maior pracer.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I [= RM 160:325]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= RM 160:417])
Encontros vocálicos: 5 possa‿aquel; 11 possa‿aquel
Lang e Nunes manteñen a preposición a coa conseguinte consideración de mi como pronome tónico. Moi probabelmente a presenza desta preposición (que obrigaría a unha anómala sinalefa *que‿a) sexa produto dun erro de copia (xa suxerido na edición de Cohen), moi similar ao producido en V en 497.7 e, sobre todo, ao detectado noutras pasaxes do corpus: na cantiga 511, a terceira estrofa presenta unha anómala lección porque a min [<a mĩ> B, <amj̃> V] fazen no segundo verso do refrán, que debe ser emendado por razóns de isometría e, mesmo, de nivelación coas anteriores cobras (porque mi fazen); por outra parte, en 210.10 (... aquesto mi aven), fronte á lección correcta <aquesto mi auen> de A aparece a lección <aq̄stamj̄ auen> en B, coa mesma incorrección que a rexistrada no presente verso; e tamén véxase 982.7, coas correctas leccións <me> A e <mi> B fronte a <a mi> en V, que introduciría unha variación no refrán con quebra da isometría. Sobre a presenza espuria de <a> nos manuscritos véxase nota a 68.1 e 77.8.
O vir do v. 10 indica a necesidade da emenda das erradas leccións de BV neste verso, onde cómpre o verbo veer (polo sentido) e o futuro de subxuntivo (pola consecutio temporum).
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :