I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 413 [= LPGP 631-632]); Fernández Graña (1994: 77); Cohen (2003: 477); Littera (2016: II, 109).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 291); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 356-357); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 69-70); Celeiro Álvarez (2021:104).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 72-73); Gutiérrez (2023: 185, 219).
6 faço] fazo V 13 quantas] q̄ntas B 15 algũa] alguna V
1 coitada] coita Nunes
(I) Ai meu amigo, vivo coitada porque vos non vexo e, xa que tanto vos desexo, en aciago día nacín se axiña, meu amigo, non vos fago e digo algo que vos praza.
(II) Xa que gañei o galardón pola miña beleza en Valongo, se agora me afasto de vós, en aciago día nacín se axiña, meu amigo, non vos fago e digo algo que vos praza.
(III) Por cantas veces vos fixen pesar desde que vos amei, algunha vez vos farei pracer, e que Deus non me ampare se axiña, meu amigo, non vos fago e digo algo que vos praza.
Esquema métrico: 7’a 7‘b 7‘b 7‘a 7’C 7’C (I [= RM 160:457]) + 7a 7’b 7’b 7a 7’C 7’C (II [= RM 160:437]) + 7a 7b 7b 7a 7’C 7’C (III [= 160:436])
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece de modo esporádico como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Nótese o especial ton aberto do refrán, coa utilización de digo en posición final de verso, forma que en principio solicitaría un CD inexistente na cantiga.
O cendal é un tecido fino de seda ou de liño.
Valongo seguramente se refire á ermida do lugar de Valongo, na parroquia de Lóuzara, veciña do mosteiro de Samos, en Lugo (Galiza).
A presenza da forma gráfica <alguna> en V incide no feito da existencia dalgunhas voces en que aparentemente se mantén o -n- intervocálico (<bona>, <poner>, <huna>, <alguna> etc.), feito que demostra que supoñen unha simple representación gráfica da nasalidade fonolóxica (bõa, põer, ũa, algũa...). Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro (2008b).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.