631 [= Tav 33,1]
Ai boa dona, se Deus vos perdon

Ai boa dona, se Deus vos perdon,
que vos non pes do que vos eu direi:
eu viv’en coita, ca tal senhor ei
mui fremosa e pux no coraçon
que fale vosco, ca non vi senhor
que semelhe come vós, mia senhor.
E non vos pes, senhor, pois vos Deus deu
per-mesura e bondad’e bon prez,
e por todo este ben que vos El fez
ouv’a poer eno coraçon meu
que fale vosco, [ca non vi senhor
que semelhe come vós, mia senhor].
Pois sobre todas en ben parecer
vos Deus fez máis fremosa e en sén
e en mesura e en todo outro ben,
ouve eu no meu coraçon a poer
que fale vosco, [ca non vi senhor
que semelhe come vós, mia senhor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 615bis, V 217

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 215-216); Radulet (1979: 64 [= LPGP 267]); Littera (2016: I, 283-284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 85); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 264).

Varianti manoscritte


1 vos] uos BV   2 vos] uos BV; vos] uos BV   7 non] nō B; vos] uos BV; vos] uos BV   8 per-mesura] Pre mesura B : pre musura V   9 vos] uos BV   10 ouv’a poer] Ouuaroer B : ouua roer V; coraçon] corazō B   13 sobre todas] sobro todos V   14 vos] Vos B : uos V; fez] sem V   15 mesura] messura V; outro] o outro BV   16 no meu] uomeu V; coraçon a poer] coracom arder BV

Varianti editoriali


6 come] como Nunes   8 per-mesura] fremosura Nunes : fremesura Littera   9 todo] tod(e) Nunes   10 coraçon] corazom Radulet   15 todo] todo o Nunes, Radulet, Littera

Parafrasi


(I) Ai boa dona, así Deus vos perdoe, que non vos cause pesar o que vos direi: eu vivo en coita, porque teño unha señora moi fermosa e resolvín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.

(II) E non vos pese, señora, pois Deus vos dotou de gran mesura e bondade e valía, e, por todo este ben que El vos concedeu, decidín falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.

(III) Pois en ter bela aparencia vos fixo Deus a máis fermosa de todas, e en cordura e en mesura e en calquera outro ben, decidín no meu corazón falar convosco, porque non coñecín señora que semelle (fermosa) coma vós, miña señora.
 

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:43)

Encontros vocálicos: 9 todo‿este; 15 mesura‿e, todo‿outro; 16 ouve‿eu

Note


Testo
  • 4

    Neste verso comparece por única vez no corpus a P1 de pretérito de poer ou põer (< posui) coa mesma palatalización que se detecta esporadicamente noutras formas de pretéritos fortes, como prix ou quix. Véxase nota a 74.13.

  • 8

    Nas cantigas profanas, a partícula perfectiva per- aparece, de regra, anteposta a formas verbais, con dúas excepcións, xa que, para alén de per-mesura (anteposta a substantivo), tamén se rexistra anteposta a adxectivo en per-peideira (1489.58).

  • 15

    Na expresión todo outro ben non é aceptábel a presenza do artigo, produto dun erro de copia, como confirma a sistemática construción tod’outro ben ao longo do corpus (142.30, 186.7, 195.11 etc.).

  • 16

    A emenda da errada lección <arder> dos manuscritos para a poer vén indicada polas construcións paralelas dos vv. 4-5 (pux no coraçon / que fale...) e 10-11 (poer eno meu coraçon / que fale...): é obrigada tamén nesta pasaxe a presenza da expresión poer no coraçon... 

Cerca
    Nessun risultato trovato