En BV, para alén de non existir fiinda, invértese a orde das estrofas II-III.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 498-499); Cunha (1999 [1945]: 118-119); Monteagudo (1984: 347-348 [= LPGP 711]); Littera (2016: II, 224).
II. Outras edicións: Braga (1878: 81); Carter (2007 [1941]: 149-150); Machado & Machado (1953: IV, 158-159); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 414).
III. Antoloxías: Cotarelo Valledor (1934: 203).
2 eu] a BV 3 poid’aver] pod / poyd auer A : pudauer B : puda uor V 4 direi] dysey B : dyr V 5 disso] disse BV; ca] (ca me) qe / ca A : q̅ B : que V 6 pero] po V; faria] feria B 7 disso] disse BV 8 min] mj B : mi V 9 coraçon] coracom V 10 me] meꝯ BV 11 disso] disse B : di se V 14 perdud’e] ꝑdud(o) e A 15 muito] om. BV; Deus] d’z V 16 e] may BV 17 disso] disse BV 19-20 om. BV 20 gaan’eu] gaan(o) eu A
3 poid’] pud’ Cunha, Littera 5 disso] disse Cunha 6 pero] pera Littera 7 disso] disse Cunha 11 disso] disse Cunha 12 pero] pera Littera 14 perdud’] perdudo Monteagudo 16 e] É Monteagudo 18 pero] pera Littera 20 gaan’] gaan[h]’ Cunha, Littera
(I) A miña señora, que eu vin para mal destes meus ollos, fun amar, e, por Deus!, direivos o mellor que dela puiden obter desde que a vin: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.
(II) E por isto que me dixo coidou que me salvaba, porque xa morro; mais non perdín por iso a coita do corazón, senón que iso contribuíu máis a matarme: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.
(III) E por isto pensa que perdeu toda a súa estima; vede que señora Deus e Amor me fan amar moito, e o mellor que ela nunca me fixo: díxome hoxe que me quería ben, pero que nunca me faría ben.
(1) E eu entendo que me quere de tal maneira en que non perde (ela) nin gaño eu nada.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:186)
A forma poide, P1 do pretérito indicativo de poder, é variante única no corpus trobadoresco, pois pude ~ pudi é a forma xeral. Tal variante1
, que está na base da forma galega moderna coa raíz puid- (véxase Ferreiro 1999: §213d), ten de proceder da disimilación de [ow] após a metátase de wau a partir da base latina potŭī > poude > poide (> puide), pois a forma con [ow] foi realmente existente (véxanse, por exemplo, múltiplas ocorrencias no Livro Português de José de Arimateia (Miranda 2016: 233, 234, 237, 240, 244, 252, 258...). O mesmo que aconteceu con soube (<sapŭī), que presenta a forma soybe esporadicamente desde textos temperáns, nun documento de Melide de 1269 (cfr. E porque entendi e soybe a uerdade por boa carta que eu ui de como o moesteyro), até textos máis tardíos, cunha decena de atestacións na Geral Estoria e mais na Crónica Geral Galega, na Crónica Troiana e mais na Historia Troiana (véxase TMILG, s.v. poyde). Do mesmo xeito, poide tamén se rexistra nas mesmas obras e nalgún documento serodio (véxase TMILG, s.v. poyde); e, tamén, oive (= ouve) (Pichel 2014: 1441, 1471, 1564, 1808...), ou oivo (Fernández de Viana y Vieites 1995: 44) e oyue (cfr. CGPA, s.v.); e o mesmo acontece cos restantes verbos con pretéritos fortes, tal como se pode comprobar, por exempo, con troixe ~ troyxe, troyxo etc. (cfr. CGPA, s.v.).
Así pois, a partir de poide chégase sen ningunha dificultade a puide, que se atesta en 900.8 (e vos non puid’eu i valer) e mais en CSM 300.67 e 311.21, xunto con unha ocorrencia na Crónica Troiana e outra na tradución galega da Crónica Geral (véxase CGPA, s.v. puid(e), puyde). En territorio portugués poide ~ puide deberon ser formas tamén utilizadas, como mostra a pervivencia de puide en diversas obras:
Senhor, eu vos consselhei em esto o mais sãamente que eu puide (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 275-276).
per guisa que eu nom puide tomar dello conta assessegadamente, como era razom; Crónica de D. Pedro; Fernão Lopes 1986: 58).
A variante poydo (P3) no Livro das Confissões:
e nõ por prelados nẽ por leterados nẽ por outros da sapiencia de Deus alumeados nõ poydo mays saber o que apenas creẽ os doutores que podesse seer (Martín Pérez 2012-2013: 368).
Nótese como a repetición da conxunción mostra a equivalencia total entre que e ca, intercambiábeis tanto como conxunción completiva canto causal (véxase nota a 66.6). Cfr. nota a 1450.17.
Ademais, a maioritaria concorrencia disso A / disse B (tamén no v. 7) mostra como na lingua trobadoresca, na P3 dos pretéritos fortes xa aparece, en convivencia coas maioritarias formas etimolóxicas, a desinencia analóxica -o (Ferreiro 1999: §§203a, 203b), acrecentada en formas verbais coa desinencia ø (fez → fezo, pôs → poso, quis → quiso) ou substituíndo a desinencia -e (disse → disso ~ dixo, ouve → ouvo, pôde → podo). Véxase nota a 53.16.
O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Para a correcta interpretación deste verso debemos considerar a elipse de vedes: «e [vedes] o mellor que m’ela nunca fez».
Neste verso, por outra parte, reaparece a alternancia entre a copulativa e en A fronte á adversativa mai[s] en BV, que se rexistra tamén noutras pasaxes (131.26, 226.20, 982.7). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).
Neste verso aparece o único rexistro da variante gaanar (agás que sexa simplemente unha grafía <n> /ɲ/) do maioritario guaanhar ~ gaanhar, que presenta múltiplas variantes nos textos medievais. Cfr. nota a 83.11.
Obsérvese, con todo, unha certa vacilación na copia de A.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: