I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 43-45); Beltrami (1974: 48-49 [= LPGP 877]); Littera (2016: II, 419-420).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 145); Machado & Machado (1950: II, 282-283); Rios Milhám (2018b: III, 429).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 205-206); Magalhães (2007: 117).
3 parece melhor] melhor parece melhor B 5 Deus] edon B; Joana] johāna B 8 louçana] lou caria B 9 vi] m B 11 veerei sa irmana] ueerrey ssair mana B 13 coraçon] coracom B; desejo] desseio B 15 de] des B 16 Joana] ihoāna B 24 coraçon en guisa] coracon enguissa B 25 que] queu B 26 mort’ei] morrey B 27 Joana] Johāna B 28 por que] E porq̄ B; seu] sem B 29 parecer] parecez B 30 louçana] lou cano B
En Nunes, Beltrami e Littera os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en dous versos curtos heptasilábicos (7 6’), conforme a disposición tipográfica no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
1 quero eu] quer’eu Littera 2 que a vis[s]’] que visse’ Littera 5 Joana] Johanna Nunes, Beltrami 8 a esta louçana] a esta [e] louçania Nunes : a esta [dona] louçana Littera 9 non na] nõn’a Littera 11 veerei sa irmana] verrey ssair Maria Nunes : veerrey ssair mana Beltrami : veerrei sa irmana Littera 12 quero eu] quer’eu Littera 13 [e]no] no Nunes, Beltrami, Littera; desejo] dessejo Beltrami 16 Joana] Johanna Nunes 19 a esta louçana] a esta [e] louçania Nunes : a esta [dona] louçana Littera 20 non na] non a Nunes : nõn’a Littera 22 veerei sa irmana] verrey ssair Maria Nunes : veerrey ssair mana Beltrami : veerrei sa irmana Littera 23 quero eu] quer’eu Littera 25 que] qu’eu Nunes, Beltrami 26 mort’ei] morrey Nunes, Beltrami 27 Joana] Johanna Nunes, Beltrami 28 pelo] polo Beltrami 30 a esta louçana] a esta [e] louçania Nunes : a esta [dona] louçana Littera 31 non na] non a Nunes : nõn’a Littera 33 veerei sa irmana] verrey ssair Maria Nunes : veerrey ssair mana Beltrami : veerrei sa irmana Littera
(I) A Lobatón eu quero ir, ai Deus, e guíame Ti, para que eu a vise hoxe para o meu ben, a que ver quería, a máis bela de cantas Noso Señor Deus fixo: é Dona Joana, por quen eu morro por causa da súa beleza que Deus lle deu a esta (dona) louzá. Eu non a vin, mais ouvín falar dela moi ben: logo que alí for, verei a súa irmá.
(II) A Lobatón quero eu ir, porque, onde eu ando ou estou, sempre no meu corazón desexo moito ver a señora de mellor fama de cantas Deus nunca fixo: esta é Dona Joana, por quen eu morro por causa da súa beleza que Deus lle deu a esta (dona) louzá. Eu non a vin, mais ouvín falar dela moi ben: logo que alí for, verei a súa irmá.
(III) A Lobatón quero eu ir, porque non perdo a ansia do meu corazón, de tal maneira que me trae atormentado pola mellor das que coñezo, que se non a vir morte terei: esta é Dona Joana, por quen eu morro por causa da súa beleza que Deus lle deu a esta (dona) louzá. Eu non a vin, mais ouvín falar dela moi ben: logo que alí for, verei a súa irmá.
Esquema métrico: 3 x 14’a 14’a 7b 7b 7’c 7D 7D 5’C 7E 7E 7’C (cfr. RM 251:1)
Encontros vocálicos: 11 ve͜e·rei, sa‿irmana; 22 ve͜e·rei, sa‿irmana; 33 ve͜e·rei; sa‿irmana
Esta cantiga, que non se axeita aos principios canónicos da cantiga de amor, pois revela o nome da amada (Joana) e introduce marcas lexicais típicas da cantiga de amigo (louçana, irmana) (véxase nota a 582.3), continúa co tema do amor de lonxe ou amor de ouvidas, xa presente na anterior cantiga do mesmo Pero Viviaez.
A rima condiciona a estrutura métrica que presentamos, xa estabelecida no estudo de J. M. Montero Santalla (2000: 374-375).
Lobatón debe ser o actual Torrelobatón, concello da provincia española de Valladolid.
Por outra parte, a aparentemente estraña anteposición pronominal na frase ai Deus, e Tu me guia, parece ser algo habitual nese tipo de construcións de carácter apelativo en que se enfatiza a figura de Deus, a quen se lle fai a petición. Podemos documentala nunha construción similar nalgunhas obras en prosa:
Sennor Deus, (...), tu me perdõa sse eu en esta entrada errey (Crónica Geral Galega; Lorenzo 1975: I, 91).
Tu me dá ora minha vista (tradución da Confessio Amantis; Faccon 2012: 342).
Neste verso, a lección <edon> de B, que emendamos para Deus, parece ser produto dun salto de copia para é dona, que vén despois do verbo. De calquera xeito, a métrica solicita unha sílaba e o sentido leva para Nostro Senhor Deus, sintagma complexo que achamos noutras composicións (235.1, 988.1).
A citación expresa do nome da amada (dona Joana) vai contra unha das regras do amor cortés, a do segredo amoroso. Véxase nota a 111.1.
Dado que loucaria non ten sentido, a lectura louçana (mais louçania en Nunes) parerece indubitábel, co erro <ri>/<n> que se pode encontrar, por exemplo en 283.8 (saberia <sa bona> B), 383.8 (<arid> V and’) ou 1491.5 (<badaria> B badana). Por súa parte, a intromisión textual en Littera, á procura dunha isometría nos versos dun refrán anisométrico, non se xustifica desde o punto de vista ecdótico.
A lectura sa irmana dedúcese de <ssair mana> coa correspondente deglutinación da cadea textual de B e coa aparición do par lexical lóxico en rima co louçana anterior (Nunes estabelece Maria condicionado pola rima con louçania). Porén, Beltrami estabelece o hapax mana coa interpretación sair mana, mais esta lectura parece produto de preconceptos provenzalizantes, pois o maná bíblico que se atesta no trobador Jaufé Raudel, autor de textos arredor do tema do amor de ouvidas, non é motivo suficiente para propor un hapax na presente cantiga de Pero Viviaez (véxase Ferreiro 2012a: 153)1 . Deste xeito, louçana e irmana, que son contaminacións lexicas da cantiga de amigo (véxase nota a 582.3), riman sen ningún problema métrico. Canto a veerei, o erro <rr>/<r> atéstase con frecuencia nos apógrafos italianos, nomeadamente en V (véxase, en B, <falar rey> falarei, 312.7), cuestión que non se tivo en conta na proposta textual de Littera, onde a forma veerrei, inexistente na lingua, carece de sentido.
A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
A minoritaria forma eno atéstase na lingua das cantigas e aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299.3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).
Nótese a lección <ihoãna> B Joana, coa grafía <ih> para /ʒ/, talvez a indicar a real existencia do fonema africado palatal sonoro /dʒ/, par sonoro do correspondente africado palatal xordo /ʧ/ <ch> (véxase Larson 2019 [2018]: 53, n. 20). Ao longo de BV achamos aínda outras grafías idénticas: <quiiheu> B quig’eu (250.7), <iha> BV ja (835.4), <ueihagora> V vej’agora (1007.5), <aiha> aja (1160.6 e 8), <iha> B ja (1585.27).
A forma palatalizada trax (tamén en 540.7, 548.1, 1342.4, 1489.11) convive con traz, por súa vez forma concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (<*tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). A forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, ed- Ferro Couselo). Canto á palatalización, é o único caso en que se produce unha evolución -z > -x, para alén do nome propio importado Beatrix (véxase nota a 988.21), xa que a variante fix (= fiz) só se rexistra nun dos dous manuscritos en 361.3 (V vs. B) e 1031.15 (B vs. V). Véxase nota a 74.13.
A lectura qu’eu de Nunes e Beltrami contradí os principios trobadorescos que impiden a crase –ou sinalefa– de que (véxase Ferreiro 2009: 490) ao tempo que é unha interpretación da lección <queu>, que debemos considerar como un erro de copia por <que> (véxase un erro igual en 982.2, onde aparece <queu> por <que> en BV).
A forma morrei (Nunes) ou morrey (Beltrami), como hipotética forma de futuro por morrerei, é absolutamente inexistente na lingua, porque, na realidade, debe ser un erro de transmisión <r>/<t>, habitual en BV: <morrey> vs. <mortey> (cfr., por exemplo, mort’a co erro <morra> en V en 372.16); ou, inversamente, morre co erro <morte> tamén en V, en 1238.11, ou, aínda, morrerá coa lección <mortera> BV en 1240.4). Deste xeito, cunha base mortey e coa segmentación axeitada pódese xa estabelecer con seguranza unha forma de presente, que, xunto co futuro, é o tempo utilizado nas frases de futuro de subxuntivo2 . Por outra parte, a posibilidade dun lapso de copia por morr[er]ei tampouco é aceptábel, pois obrigaría a unha anómala sinalefa se‿a coa conxunción condicional (véxase Ferreiro 2013b).
A presenza da copulativa inicial neste verso do refrán revela o seu carácter espurio, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Neste sentido, o testemuño diverxente dos manuscritos confirma moitas veces ese carácter. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
A voz maná (ou manaa) só se rexistra en obras tardomedievais de teor relixioso, como o Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 297) ou nos Evangelhos e Epístolas com suas Exposições em Romance (Machado 2008-2013: 581, s.v. maná).
A forma morrey presente na Crónica Geral Galega debe ser un lapso de edición por morr[er]ey, nun contexto en que é esixida a forma de futuro: ca senõ dizedelle que ante morrey cõnos de Çamora, et elles comigo (Lorenzo 1975: 379).
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :