I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 604); Barbieri (1980: 72 [= LPGP 909]); Lopes (2002: 443); Littera (2016: II, 475).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 363); Braga (1878: 199); Machado & Machado (1958: VI, 135).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 36-38); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 53-55); Álvarez Blázquez (1975: 50); Landeira Yrago (1975: 191); Correia (1978: 180); Tavares & Miranda (1987: 100-101); Magalhães (2007: 138); Gutiérrez (2023: 205).
2 ainda] aida V 3 lũar] lunar BV
1 Bizcaia] Biscaia Lapa, Lopes, Littera 3 noite] noit’ Lapa, Lopes, Littera : noyt’ Barbieri
(I) A doncela de Biscaia aínda a un trato comigo chegue de noite ao luar.
(II) Pois me así desdeña agora, aínda comigo se aveña de noite ao luar.
(III) Xa que por ela son maltratado, aínda chegue a un acordo comigo de noite ao luar.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 5B (= RM 26:112)
Encontros vocálicos: 2 mi‿a; 4 agora‿assi; 5 mi‿a; 8 venha‿a
O refrán desta cantiga é dividido por Pero da Ponte nun xogo de “subtil” intertextualidade (Gonçalves 2016 [1992]: 225) noutra obscena composición de escarnio:
ca non dórmio de noite con pavor,
ca me trebelha sempre ao lũar (1669.9-10).
O topónimo Bizcaia alude ao conxunto do territorio vasco.
A pesar da coincidencia toponímica, dificilmente podemos ver aquí calquera alusión á lenda da "Dama de Biscaia", que recollerá no século XIV o Conde D. Pedro de Barcelos. Sobre esta lenda, tanto no Livro de Linhagens como posteriormente, véxase Prieto Lasa (1994).
A expresión verbal sair a preito, en posición simétrica con viir a preito (vv. 5, 8; cfr. tamén viir aos preitos, véxase UC/Glosario), significa tamén ‘chegar a un acordo, pactar, resultar ben’.
Repárese na variación gráfico-fónica no refrán, coa presenza da crase de sinalefa na estrofa I (noite‿ou) en face da crase nas estrofas II-III (noit’ou). Cfr. nota a 27.4.
É de subliñar a aparición da rara forma ou como resultado do encontro da preposición a co artigo (ao > *au > ou), cunha evolución similar á que se produciu, por exemplo, na P1 do presente de indicativo de ir: uado > *vau > vou.
Por outra parte, a presenza de -n- na forma manuscrita <lunar> no v. 3 en face de lũar (vv. 6 e 9) é clara indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.