Se gradoedes, amigo, de mí, que gran ben queredes,
falad’agora comigo, por Deus, e non mi-o neguedes:
amigo, por que andades tan trist’ou por que chorades?
Pois eu non sei com’entenda por que andades coitado,
se Deus me de mal defenda, queria saber de grado,
amigo, por que andades [tan trist’ou por que chorades].
Todos andan trebelhando (estes con que vós soedes
trebelhar) e vós chorando; por Deus, e que dem’avedes?
Amigo, por que andades [tan trist’ou por que chorades?]