Sabedes: quant’á, ‘migo, que m’eu vosco veer
non pud’, atant’á oje que nunca vi prazer,
e, amigo, grad’oj’a Deus que vos veen os olhos meus.
Ouv’én por vós tal coita eno meu coraçon
que nunca vos cuidar’a veer nulha sazon,
e, a[migo, grad’oj’a Deus que vos veen os olhos meus].
E rog’eu, meu amigo, aquel Deus que me fez
que nunca eu ja viva sen vós tan[t]’outra vez,
e, a[migo, grad’oj’a Deus que vos veen os olhos meus].
E ben assi mi-o quiso mia ventura guisar
que nunca sen vós ouvi sabor, erg’en chorar,
e, a[migo, grad’oj’a Deus que vos veen os olhos meus].