Que farei agor’, amigo,
pois que non queredes migo
viver, ca non poss’eu al ben querer?

En gran coita me leixades
se vós alhur ir cuidades
viver, ca non poss’eu al ben [querer].

Se aquesta ida vossa
for, non sei eu como possa
viver, ca [non poss’eu al ben querer].

Matar-mi-ei se mi-o dizedes:
que vós ren sen mí podedes
viver, ca non poss’eu al ben [querer].