Non vou eu a San Clemenço orar e faço gran razon,
ca el non mi tolhe a coita que trago no meu coraçon,
nen mi aduz o meu amigo, pero lho rog’e lho digo.
Non vou eu a San Clemenço, nen el non se nembra de min,
nen mi aduz o meu amigo, que sempr’amei, des que o vi,
nen mi aduz o [meu amigo, pero lho rog’e lho digo].
Ca, se el m[e] adussesse o que me faz pëad’andar,
nunca tantos estadaes arderan ant’o seu altar,
nen mi aduz [o] meu [amigo, pero lho rog’e lho digo].
Ca, se el m[e] adussesse o por que eu moiro d’amor,
nunca tantos estadaes arderan ant’o meu Senhor,
nen mi aduz [o] meu [amigo, pero lho rog’e lho digo].
Pois eu e mia voontade de o non veer son ben fis,
que porrei, par caridade, ant’el? Candeas de Paris?
Nen mi aduz [o] meu amigo, [pero lho rog’e lho digo].
En mi tolher meu amigo filhou comigo perfia,
por end’arderá, vos digo, ant’el lume de bogia.
Nen mi aduz [o] meu [amigo, pero lho rog’e lho digo].