Meu amigo, se vejades de quant’amades prazer,
quand’alhur muito morades, que non podedes saber,
amigo, de mí mandado, se sodes enton coitado
dizede-mi-o, meu amigo, e, por Deus, non mi-o neguedes,
quando non sodes comigo, e muit’á que non sabedes,
amigo, de mí mandado, [se sodes enton coitado],
ca se faz que vós andades, quando vos de mí partides,
gran tempo que non tornades, enton quando non oides,
amigo, de mí mandado, [se sodes enton coitado].