Ja, mia sennor, niun prazer
non me fara mui gran prazer
sen vosso ben, ca outro ben
non me fara cuita perder
mentr’eu viver, e quen viver
aver-mi-á pois est’a creer.
E que mal consello fillei
aquel dia en que fillei
vós por sennor, ca, mia sennor,
sempr’eu mia morte desejei:
meu mal cuidei porque cuidei
d’amar-vos ja, mais que farei?
Que farei eu con tanto mal,
pois vosso ben tod’é meu mal?
Pois ést’assi, morrer assi
com’om’a que sennor non val
a cuita tal que nunca tal
ouv’outro ome d’amor nen d’al,
como que me faz desejar
Deus vosso ben por desejar
a mia mort’eu, pero sei eu,
pois que me Deus non quer quitar
d’en vós cuidar, ca, a meu cuidar,
non m’avera mort’a fillar.