Fui eu, madr’, a San Momed’u me cuidei
que veess’o meu amig’, e non foi i;
por mui fremosa que triste m’én parti,
e dix’eu como vos agora direi:
«Pois i non ven, sei ũa ren:
por mí se perdeu, que nunca lhi fiz ben».
Quand’eu a San Momede fui e non vi
meu amigo, con que quisera falar
a mui gran sabor nas ribeiras do mar,
sospirei no coraçon e dix’assi:
«Pois i non ven, [sei ũa ren:
por mí se perdeu, que nunca lhi fiz ben]».
Depois que fiz na ermida oraçon
e non vi o que mi queria gran ben,
con gran pesar filhou-xi-me gran tristen,
e dix’eu log’assi [aqu]esta razon:
«Pois i non ven, [sei ũa ren:
por mí se perdeu, que nunca lhi fiz ben]».