Des quando vos fostes d’aqui, meu amigo, sen meu prazer,
ouv’én tan gran coita des i qual vos ora quero dizer:
que non fezeron des enton os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon que fezessen se chorar non.
E, des que m’eu sen vós achei, sol non me soubi conselhar,
e mui triste por én fiquei e con coita grand’e pesar,
que non fezeron des enton [os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon que fezessen se chorar non].
E fui eu fazer oraçon a San Clemenç’e non vos vi,
e ben des aquela sazon, meu amig’, avẽo-m’assi:
que non fezeron des enton [os meus olhos se chorar non,
nen ar quis o meu coraçon que fezessen se chorar non].