Cavaleiro, con vossos cantares 
mal avilastes os trobadores,
e, pois assi per vós son vençudos, 
busquen per al servir sas senhores,
ca vos vej’eu máis das gentes gaar
de vosso bando, por vosso trobar,
ca non [a] eles, que son trobadores.

Os aldeiãos e os concelhos 
todo-los avedes por pagados;
tan ben se chaman por vossos quites 
como se fossen vossos comprados
por estes cantares que fazedes d’amor,            
en que lhis achan os filhos sabor
e os mancebos, que teen soldados.

Ben quisto sodes dos alfaiates, 
dos peliteiros e dos raedores;    
do vosso bando son os trompeiros 
e os jograres dos atambores
porque lhis cabe nas trombas vosso son;    
pera atambores ar dizen que non
achan no mund’outros sões melhores.

Os trobadores e as molheres 
de vossos cantares son nojados
à ũa, por que eu pouco daria, 
pois mi dos outros fossen loados,    
ca eles non saben que xi van fazer:
queren bon son e bõo de dizer
e os cantares fremosos e rimados

E tod’aquesto é mao de fazer
a quen os sol fazer desiguados.