Aquestas noites tan longas, que Deus fez en grave dia
por min porque as non dórmio, e por que as non fazia
no tempo que meu amigo soia falar comigo?
Porque as fez Deus tan grandes, non posso eu dormir, coitada,
e, de como son sobejas, quisera eu outra vegada
no tempo que meu amigo soia falar comigo.
Porque as Deus fez tan grandes, sen mesura desiguaes,
e as eu dormir non posso, por que as non fez ataes
no tempo que meu amigo soia falar comigo?