Amigas, tamanha coita nunca sofri, pois foi nada,
e direi-vo-la gran coita con que eu sejo coitada:
amigas ten meu amigo! Amiga na terra á migo!
Nunca vós vejades coita, amigas, qual m’oj’eu vejo,
e direi-vos a mia coita con que eu coitada sejo:
amigas ten meu amigo! [Amiga na terra á migo!]
Sej’eu morrendo con coita, tamanha coita me filha,
e dé-mi a coita (é coita que cing’e que maravilha):
amigas ten meu amigo! [Amiga na terra á migo!]