Amiga, quen oje ouvesse mandado do meu amigo
e lhi ben dizer podesse que veesse falar migo
ali u sempre queria
falar mig’e non podia!

Se de mí ouver mandado, non sei ren que o detenha,
amiga, pelo seu grado, que el mui cedo non venha
ali u sempre queria
[falar mig’e non podia].

E foi mig’outra vegada: atende-lo-ei, velida,
fremosa e ben-talhada, en Far[o], ena ermida,
ali [u sempre queria
falar mig’e non podia].