A Far[o] un dia irei, madre, se vos prouguer,
rogar se verria meu amigo, que mi ben quer,
e direi-lh’eu enton a coita do meu coraçon.

Muito per-desej’eu que veesse meu amigo,
que m’estas penas deu, e que falasse comigo,
e direi-lh’eu enton [a coita do meu coraçon].

Se s’el nembrar quiser como fiquei namorada
e se cedo veer e o vir eu, ben-talhada,
e direi-lh’eu enton [a coita do meu coraçon].