(I) Vin hoxe cantar de amor nun fermoso verxel unha fermosa pastora, a cuxa fermosura nunca xamais lle vin par; e por iso lle dixen así: «Senhor, por voso (servidor) me teño».
(II) Tornouse irada entón cando me ouviu dicir isto, e dixo: «Ídevos, varón! Quen vos foi traer aquí para me virdes turbar mentres digo este cantar que fixo quen eu amo?».
(III) «Xa que me mandades ir», díxenlle eu, «senhor, ireime; mais xa vos hei servir sempre e tereime por voso (servidor), porque o voso amor me forzou de xeito que me teño por voso, de quen eu xa sempre serei».
(IV) Dixo ela: «Non vos vale de nada iso que dicides nin sequera me agrada ouvilo, antes sinto noxo e pesar diso, pois o meu pensamento non está nin estará, abofé, agás naquel que amo».
(1) «Nin o meu», díxenlle eu, «xa, senhor, non se afastará de vós, de quen el se ten por servidor».
(2) «O meu», dixo ela, «estará onde estivo sempre e onde está, e de vós non me preocupo ren».