(I) −Vedes, Picandon, eu estou asombrado de Don Sordel, de quen oio moitas e boas tenzóns e moi boas melodías, por como se enganou tanto contigo: xa que non sabes exercer a xograría, por que vos fixo vivir dela na corte? Ou vós ou el dade unha boa explicación a iso.
(II) −Joan Soarez, logo vos será dada, e aclararéivolo con poucos argumentos: teño dereito a gañar moitos dons e a ser tan apreciado na corte como calquera segrel que cante moi ben versos de cancións e coplas e sirventeses, e que estea libre de cometer erros.
(III) −Picandon, non vos terán por cortesía que vos chufedes tanto, nin que entredes na taberna nin que bebades nin que pelexedes; e se isto volo contasen como mérito, nunca Noso Señor fixo outro tan cortés como vós sodes, se o pensades ben.
(IV) −Joan Soarez, porque me deostedes non perdo eu por iso a miña arte como xograr, e a vós, señor, mellor vos sería que buscásedes o proveito aos segreis, porque eu sei moitas cancións e canto ben e procuro non cometer erros e cantarei cada vez que me mandedes. 
(1) −Señor Picandon, recoñezo que tendes razón, e pídovos perdón polo que dixen e, se me perdoardes, héivolo agradecer.