(I) Vedes, amigo, de que teño un gran pesar: sei de moitas mulleres que saben amar os seus amigos e adoitan falar con eles e ninguén llelo sabe, así lles acontece; e, canto a nós, apenas o queremos intentar, axiña é sabido, e non sei eu por quen.

(II) Coñezo eu unha dama tal que, cando quere ver o seu amigo, a quen sabe querer ben, non se decatan en absoluto os que cren que a vixían moi ben; e, canto a nós, así que o queremos facer, axiña é sabido, e non sei eu por quen.

(III) Non acontece como eu querería: falar convosco, que morredes por min, como falan outras donas, e desde entón nunca máis lles poden sospeitar nada; e, canto a nós, aínda antes de chegarmos a facelo, axiña é sabido, e non sei eu por quen.

(IV) Coita lle veña, tal como agora a nós vén, a aquel por quen a nós nos vén todo este mal.