(I) Estoutro día sangroume un sangrador de Leiria, e vede o que me ía facer: ao irme buscar a vea, apalpoume no cu. Que vaia sangrar a un puto nese lugar, o sangrador!
(II) Este sangrador, amiga, trae unha nova modalidade de sangría (para a facer) na parte onde eu menos o esperaba: pilloume pola barriga e comezou a levantarme a saia... Que vaia sangrar a un puto nese lugar, o sangrador!
(III) Amiga, se vos sangrardes, oxalá deades cun sangrador como este: cando non vos decatedes, se llo quixerdes consentir, ha de vos querer probar. Que vaia sangrar a un puto nese lugar, o sangrador!
(1) O que queira xogar a tal xogo, que o vaia facer con súa nai!