(I) Un rico-home que eu coñezo, que non estivo na guerra, vén aquí moi irado e di así como vos agora direi: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, ten unha gran queixa do rei.
(II) El veu, que Deus me perdoe, cando viu que había paz, e ben lle veña se fai o ben, mais el mostra este argumento: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, anda moi irado contra o rei.
(III) Aínda que na guerra non fixo bem nin mal, porque non quixo alí vir coa preocupación de non servir o rei, porén mostra el unha cousa: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, ao rei quere moi mal desde entón.
(IV) Irado vén xa contra o rei, porque, cando foi preciso, non chegou, e mais de mil veces xurou que non deixará a terra: di que ten a terra cal a pediu, mais, como nunca a serviu, por iso odiará o rei.