(I) Unha moza namorada cantaba un cantar de amor, e dixo: «Noso Señor, (oxalá) fose eu hoxe aventurada (e) que ouvise o meu amigo como eu este cantar digo!

(II) A moza era ben parecida e coa súa doce voz cantou e dixo a meniña: «(Oxalá) prouguese a Santa María que ouvise o meu amigo como eu este cantar digo!

(III) Cantaba moi de corazón e estaba moi fermosa, e dixo cando cantaba: «Pido a Deus por petición que ouvise o meu amigo como eu este cantar digo!».