(I) Unha dona foi demandar realmente habitación e alimento á orde de San Xoán, polas carencias que tiña; e dígovos que llas dan tales como ela as quería.
(II) Tivo desexo das casas e negociou o caso moi ben para que alí puidese morar, polas carencias que tiña; e danlle as casas por amor a ela tales como ela as quería.
(III) Pediunas con tal condición de morar alí e non fixo outra cousa, porque pasaba moitas penalidades polas carencias que tiña; e danlle as casas da Orde do Hospital tales como ela as quería.
(IV) De corazón a dona pediu entón as casas e deu esta razón, polas carencias que tiña; e danllas con cargo ás despesas (da Orde do Hospital) tales como ela as quería.