(I) Tres mozas cantaban de amor, moi fermosiñas raparigas, moi coitadas de amores; e dixo por iso unha delas, a miña señora: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(II) Todas tres cantaban moi ben como mozas namoradas e coitadas de amores; e dixo aquela por quen perdo a razón: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(III) Que gran pracer eu sentía por as ouvir cantar entón! E agradoume profundamente canto dicía a miña dama: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo».

(IV) E, se eu as puidese ouvir máis…, que a gusto me sentía! E canto me sentía satisfeito de como a miña señora dixo: «Cantade, amigas, comigo o cantar do meu amigo!».