(I) −Señor, quero eu agora saber de vós, xa que vos vexo andar tan coitado por Amor, que non vos deixa [...-ar], nin tampouco vos deixa durmir nin comer, que hei facer eu, a quen Amor fai mal de tal maneira que non durmo, señor, nin podo encontrar un remedio contra el.
(II) −Pero Garcia, eu non consigo saber como vós vos poderedes amparar de Amor, tal é a miña opinión, que, con todo, non vos fai sufrir moito mal, porque a min me fai tanto mal Amor que, se eu fose o señor do mundo, renunciaría a el a cambio de non ter amor.
(III) −Señor, direivos o que ouvín dicir a quen estivo aflixido por el durante moito tempo: ese díxome que por oración, por xaxún e por facer esmola, por isto Amor se afastou del; facede isto, quizá Noso Señor volo fará perder por isto.
(IV) −Pero Garcia, sempre ouvín que bos son os consellos bos, e farei iso, así Deus me perdoe, pois doutra maneira non podo seguir con vida: xa que Amor tanto mal me fai, rogarei moito a Noso Señor que me dea a morte ou que mo faga perder.