(I) Señora, non podo acordar comigo nin con este corazón desventurado, que non vos teña que querer mellor que a cantas cousas existen no mundo; e, señora, é desvariada cousa sen sentido por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.

(II) Xa os meus días así hei de pasar: amando, máis que outro amador, a vós, miña señora, que eu sempre souben amar e servir máis que outro servidor; e é cousa sen sentido, señora, por eu –polo ben que vos quero, por iso– non conseguir o voso ben de ningún modo.

(1) E era razoábel, señora, obter algún ben de vós, de onde me vén tanto mal.