(I) Sei eu, donas, que ningún home ama tanto outra muller como a min me ama o meu amigo, pois, porque eu lle dixen «non me veredes xa máis desde hoxe», esmoreceu logo alí mesmo por iso e houbo de morrer alí por min.
(II) Porque lle dixen que nunca me podería ver, quixo por iso morrer, e fun alá e acheino xacendo xa sen fala, e sentín por iso gran pesar e faleille, e hóubome coñecer e dixo: «Ouvín unha dona falar?».
(III) Dixen eu «Ouvistes», xa para o salvar, e recobrouse; mais a que vos dixer que un home ama tanto outra muller mentiravos, porque el xa o provou con cantas viu e pareceulle que todas se afastaban do amor, e por iso as deixou.
(IV) E ben vos podo eu sen perigo xurar que ningún outro home vivo sabe amar como é debido, pois, para me pór a proba, viñeron outros pretenderme para ver se podían tirar proveito de min, mais non puideron de min ren obter.
(1) Mais aquel que tan de corazón ama, por Deus, estaría mal se non o salvase, xa que por min quixo morrer.