(I) Se este Papa de Roma me fixese o favor, xa que agora colle os panos do meu enxoval, de levar el os cabos e de deixarme a min a parte principal..., mais doutro xeito me vendeu el o pano para a sela. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.

(II) Se el me fixese o favor, cos seus cardeais, de cortar iguais os panos que eu lle dese..., mais vede en que lle notei maos sinais: en que meteu baixo a súa capa o que me furtou. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.

(III) Se cos cardeais con que faga os seus conclaves, acordase que nos librase a nós das súas argalladas, faría un gran favor, e non furtar coellos e meter baixo a capa os panos dos cristiáns. Quixera eu así agora, deste noso Papa, que me cortase mellor esta capa.