(I) Así Deus me deixe recibir de vós ben, señora fermosa, nunca vin nada pracenteiro desde que eu me afastei de vós.
(II) E fíxome o voso amor tanto mal que nunca vin nada pracenteiro de min nin de ningunha outra cousa desde que eu me afastei de vós.
(III) Tal coita eu tiven no meu corazón que nunca vin nada pracenteiro, até agora, desde que eu me afastei de vós.