(I) Rui Gonçálviz, aínda que vos sentides agraviado porque Joan Eanes criticou un cantar voso, eu vexo que el se queixa da aldraxe que recibe de vós desde que lle fixestes un cantar de mal dicir de tal maneira que calquera pode entender ben o mal, porque se ve a simple vista.
(II) Por iso, renunciade logo a esta desputa, porque de dicir mal non tirades proveito, e pola maneira en que Joan Eanes se queixa, xa vos perdeu o medo e a vergoña, pois entende que se debe queixar do mal dicir que, de tan evidente, mesmo o pode tocar co seu dedo.
(III) Xa que sodes entendido nisto e é evidente, sabede agora procurar unha razón pola que este asunto sexa perdoado; e para saírdes mellor parado deste reto, recoñecede, señor, que, se no voso cantar hai mal dicir, vos agrada poñelo todo á vista.