(I) –Rodrig’Ianes, quería saber de vós por que me ides sempre criticar os meus cantares, porque eu sei trobar ben, e a vós nunca vos vimos facer un cantar de amor nin de amigo, e por iso, se queredes danar o que eu fago ben, teranvos por un ignorante.
(II) –Lourenço, ti fas o que máis satisfacción che causa gabándote tanto, pois nunca te vimos compor unha cantiga que eu queira, nin o demo, cantar; e como dis iso, di tamén outra cousa: que es um home moi cordo e bo mestre (da arte) e que es letrado.
(III) –Rodrig’Eanes, eu sempre loarei os cantares que considere moi ben feitos como os que eu fago, e quen os ouvir ha de sentir gusto deles: e direivos máis: vós sodes o trobador dos sarillos, pois nunca faredes, de maneira ningunha, un cantar de amor como o que eu farei.
(IV) –Lourenço, nas terras por onde eu andei non vin un plebeo argumentar tan mal, e véxote avaliar o teu trobar e louvarte; mais sei unha cousa de calquera que for entendido: nunca lle agradará o teu cantar nin cho aceptarán na corte real.
(1) –Rodrig’Ianes, a onde o meu cantar for, non achará rei nin emperador que o non reciba moi ben, eu o sei.
(2) –Lourenço, considero que es un chufón e agora véxote como un gran louvador con pouco siso, e non cho crerei.