(I) –Quero que xulguedes, Pero García, entre min e os outros trobadores que falan mal do meu trobar: xa que eu teño un gran coñecemento do que é trobar e o fago moi ben, se teño culpa naquilo de que me acusan, castigádeo sen parcialidade. [...]
(II)–Don Lourenço, moito me atacades e moito vos louvades no trobar; e eses con quen vós trobades din que non sabedes nada de trobar nin rimades nin sabedes medir (as sílabas dos versos); e xa que así vos atacan no trobar, non me forcedes, señor, a vos xulgar.
(1) –Don Pedro, pola forma en que vos ouzo falar diso, ou vós xa non sabedes xulgar ben, ou recibistes algún suborno dos outros.
(2) –Don Lourenço, véxovos dicir inxurias; mais como quen non sabe rimar nin medir os versos, se eu emito o meu xuízo, habédesvos de queixar.