(I) Quen vos foi dicir, miña señora, que eu desexaba outra cousa máis que a vós mentiuvos; se non, que me veña mal de vós e de Deus, e, se non, que nunca estes meus ollos vexan nada pracenteiro de cantas outras cousas desexan ver.
(II) E eu vexa pesar de vós, señora, e de todo o demais que amo, se algunha vez en lugar de a vós tiven outra cousa no meu corazón, que Deus tanto non me perdoe nin me dea nunca de vós ben, que eu desexo máis que calquera outra cousa.
(III) E, certamente, miña señora, ameivos moito máis que a min, e, se o non fixese así, dificilmente viría aquí a vos mentir nin me iría de onde eu amase outra muller máis que a vós; mais, xa que Deus quere (IV) que eu vos queira a vós mellor, vállame El contra vós, señora, porque moito o preciso.