Fixo este cantar coa melodía dun descordo; e fíxoo por un infanzón de Castela que traía un leito dourado e era moi rico, e gobernábase mal e era moi avarento.

(I) Oxalá quen tivese hoxe a oportunidade, e puidese, fixese un cantar a quen eu agora sei, e lle dixese, xa que pouco valese e non dese nada (por avarento), que non trouxese leito na corte real, (II) porque, como non é honrado nin xeneroso, doadamente fai traer atrás de si un leito dourado; e ten aforrado todo e escondido todo canto ten: o pecado, que llo fai facer, tráeo enganado, (III) pois el nunca deu nada dos seus bens –isto seino eu ben– que fose acorde co esperado del: o demo lle deu (todo o que ten), xa que non lle é de proveito ningún; e moito lle desagrada cando alguén lle pide algo (IV), e decontado perde a compostura certamente e vaise esconder e fai que está doente: e non se compadece do noso mal e foxe da xente para a non ver.