(I) –Quen ama a Deus, Lourenço, ama a verdade, e fareiche entender por que o digo: quen furta unha tenzón ao seu amigo comete unha mostra de deslealdade; e ti dis que fas tenzóns que, porque non riman e están mal medidas, ben sei eu que as fai Joan de Guilhade.
(II) –Joan Soarez, escoitádeme agora: eu sempre tiven a lealdade como guía, e quen tivese tanto dominio do trobar como eu teño, por caridade, ben podería facer tenzóns que fosen ben feitas; e direivos máis: tratade diso con Joan Garcia.
(III) –Pero Lourenço, aínda que eu che ouvía unha tenzón mal medida e que non rimaba, e aínda que a tenzón de ti falaba, o demo leve iso que cría teu, pois non pensei que soubeses facer nin que fixeses unha tenzón tan mal medida, mais eu sei que a fixo Joan Garcia.
(IV) –Joan Soarez, por Santa María, eu fixen unha tenzón e medín ben os versos como calquera outro trobador que trobe ben, e por nós os dous ben feita sería, e non volo podo xurar máis; mais se un trobador me ataca, heime defender moi ben por todos os medios.