(I) Que boa impresión teño de don Fernan Diaz, a quen o rei don Afonso fixo meiriño, pois no seu desexo de manter a súa terra en paz non fai excepcións, mesmo cun parente ou cun veciño; se ten probas de que é ‘malfeitor’, vai detrás del e se lle pon as mans enriba, enseguida ‘fai xustiza’ con el. 
(II) E porque Don Fernando ten fama de moi xusticeiro entre toda a xente, o rei fíxoo meiriño desde Viveiro até Carrión, o que nunca fixera antes; e, se escoita falar dun malfeitor, vai detrás del e non lle pode escapar, e faille unha moi ‘má xogada’. 
(III) E calquera que aquí o vexa andar así calado pensará del que ignora absolutamente como se aplica unha xustiza tal como a que eu lle vin facer: deixou, daquela, que a xente adormecese e pasou a noite detrás dun home en León, e fixo sobre el logo alí unha gran xustiza.