(I) Canto ben lle fixo Deus á miña señora se ela ten por ben que eu a ame, pois está xa tan favorecida polo meu amor que nunca máis o pode perder; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(II) Moito ben lle fixo, seino eu, se a ela lle agrada que eu a ame, pois o meu corazón está no seu poder, de forma que nunca o pode perder por nada; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(III) E moito ben lle debe Deus facer se co meu servizo lle prace, pois o corazón xa o ten no seu poder, de forma que nunca por nada o perderá; mais, se eu dela estivese así (favorecido), moito maior ben me faría Deus a min.
(1) E, se a Deus lle prouguese que así fose, non me faría outro ben despois diso.