(I) Cantas veces penso eu no moito que me ama meu amigo e no mal que por min lle vén de moitas maneiras! Mais, cando penso isto, penso tamén outra cousa: se me ama, que aínda máis o amo eu, e, se sofre, que é pola súa señora.
(II) E, pois así é, que razón lle diría para que non sufra mal? Non hai nada que lle poida dicir, e, cando coido que non podería, polo moito que me ama, penso logo entón que, se me ama, aínda máis o amo eu, e, se sofre, que é pola súa señora.
(III) E por todo isto debe sufrir el todo aquel mal que hoxe lle vén por min; aínda que penso que non pode vivir, de tanto que me ama, máis penso logo que, se me ama, aínda máis o amo eu, e, se sofre, que é pola súa señora.