(I) Cantas máis donas de moi fermoso parecer vexo por onde eu ando, que son –penso eu– moi boas donas, así Deus me perdoe, e cantas máis mulleres podo ver, tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).

(II) E a miña señora, aquel a quen a mostre Deus, cando vexa aquelas que de entre as outras teñen maior ben, ben verá que ao seu lado non son nada, e canto máis eu escoito louvar as outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).

(III) E Deus Señor, que lle fixo tanto ben, cando a xunte con todas as mellores (mulleres) que hai no mundo, tanto máis valerá ela, e canto eu máis vexo ás de máis prez das outras tanto máis desexo eu a miña señora, e tanto máis entendo que é a mellor (de todas).