(I) Cando me lembra de vós, miña señora, en que afán me facedes vivir e de que maneira deixades a Amor facer en min canto el quere facer, entón eu penso en me afastar de vós; mais, cando vos vexo e vos ouzo falar, logo me vexo forzado a tomar outra idea.
(II) Porque vos vexo falar moito mellor que cantas donas coñezo, e ser moito máis bela, e penso en como vós tendes coñecemento de todo canto ben debe coñecer unha muller nobre, este pensamento impídeme pensar en todo o resto en que eu penso e non me quere deixar afastar de vós nin deixar de vos amar.
(III) E, cando tamén con frecuencia penso no pavor que me facedes sufrir, miña señora, entón eu penso en nunca, mentres viva, me pór no voso poder; mais decontado me libra dese pensamento a vosa valía e a vosa beleza e mais canto ben ouzo dicir de vós.
(1) Mais, quen vos ousa, miña señora, contemplar, Deus!, como pode afastar o corazón de vós, nin os ollos de vos ver, (2) nin como pode desexar o ben doutra cousa excepto de vós, quen soe ouvir falar de canto ben Deus vos fai ter?