(I) Cando chaman por Joán Airas o barbeiro, logo eu penso, abofé, que me chaman a min; mais a Noso Señor rogo que a ese tal o leve o demo, para que retiren o nome.
(II) Veñen chamando Joán Airas todo o día por aquí, e eu vou cando o chaman, mais rogo a Santa María que a ese tal o leve o demo, para que retiren o nome.